Ir o contido principal
  • Galego Galego
  • Español Español
  • Português Português
  • Contacto
  • Mapa do sitio
Envellecemento+Activo logo
  • Saúda
  • O Proxecto
  • Documentación
  • Formación On-line
  • Actualidade
  • Dossier de prensa
  • Multimedia
  • Contacto
  • Ligazóns
Inicio

MÁIS DE 300 PERSOAS PARTICIPARÁN MAÑÁ NUNHA XORNADA SOBRE ENVELLECEMENTO ACTIVO ORGANIZADA POR BENESTAR

Enviado por admin o Xov, 14/06/2012 - 14:00

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurará este encontro, que terá lugar en Santiago baixo o lema ‘Que o sofá non sexa o teu inimigo. Desfruta de todo o que che queda por vivir’

  • O programa ‘Envellecemento+Activo’ deseñouse para a detección precoz de futuras necesidades de dependencia e a promoción do envellecemento activo e saudable

  • A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, clausurará a xornada ás 19,30 horas

Santiago, 14 de xuño de 2012.- Máis de 300 persoas participarán este venres na xornada ‘Envellecer Activamente, presente e futuro’, organizada pola Consellería de Traballo e Benestar no marco do programa transfronteirizo ‘Envellecemento+Activo’. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurará mañá esta xornada, que terá lugar en Santiago baixo o lema ‘Que o sofá non sexa o teu inimigo. Desfruta de todo o que che queda por vivir’.

Na mesma celebrarase unha conferencia do catedrático en métodos de investigación da Universidade de Barcelona e profesor do Instituto de Teatro de Barcelona, Feliciano Castillo Andrés titulada ‘Só os seres vivios envellecen’. Ás 13,00 horas terá lugar unha mesa redonda sobre cómo manter a saúde e a actividade, a cargo de Ana María Martínez Llorente, técnico no servizo de estilos de vida saudable e educación para a saúde, que falará de boas prácticas na alimentación das persoas maiores. Pola súa banda, a licenciada en ciencias das actividades físicas e deporte e experta en actividade física saudable, Sandra Fernández, centrarase en ‘Os meus 30 minutos de saúde’; mentres que o doutor en psicoloxía e máster en xerontoloxía clínica, David Facal, informará sobre ‘A importancia das facultades cognitivas’.

Xa pola tarde, terá lugar unha segunda mesa redonda, esta vez sobre ‘Envellecer no domicilio’ que contará coa presenza de: Ángel Mojón, fisioterapeuta do servizo de atención primaria, que falará sobre prevención e atención sociosanitaria en áreas rurais e o papel da fisioterapia; o catedrático de psicoloxía e director da unidade de psicoloxía do consumidor e usuario da USC, Jesús Varela, que se referirá ao proxesto Miavizor de teleasistencia; e Elia Ladra, directora do centro de día de Abadín, sobre ‘O centro de día como recursos de apoio ao usuario, á familia e á comunidade’.

Por último, a terceira mesa redonda versará sobre ‘¿Cómo ocupar o tempo libre?’, a cargo do director do centro sociocomunitario da Pobra do Caramiñal, Ricardo Lago, que falará sobre os centros sociocomunitarios. Participarán na mesma Mercedes Cachaza e Lourdes Pérez, mestras xubiladas e alumnas da Uned Senior; e Antonia Criado e Fernando Justo Díaz, que falarán sobre o voluntariado de informática.

A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, clausurará a xornada ás 19,30 horas e para finalizar terá lugar a actuación da coral Xúbilo.

O programa ‘Envellecemento+Activo’, cofinanciado con fondos FEDER, deseñouse para promover a planificación e utilización conxunta de equipamentos, programas e servizos sociais innovadores, a nivel transfronteirizo, para a detección precoz de futuras necesidades de dependencia e a promoción do envellecemento activo e saudable.

SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

  • Destacada ó inicio
  • Imprimir

Socios

Calendario

Abril 2018

  • Anterior
  • Seguinte
L
M
M
X
V
S
D
26
27
28
29
30
31
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
1
2
3
4
5
6

Envellecemento+Activo

  • Saúda
  • O Proxecto
    • Envellecemento+Activo
    • Natureza
    • Localización
    • Obxectivos
    • Actividades
    • Socios
  • Documentación
    • Descarga de documentos
    • Zona de Prensa
  • Formación On-line
  • Actualidade
    • Novas
    • Axenda
  • Dossier de prensa
  • Multimedia
    • Galerías Fotográficas
    • Vídeos
    • DVDs Multimedia
    • Anuncios conferencias informativas
    • Catálogo Online
  • Contacto
    • Contacto / Consulta
    • Adhesión
  • Ligazóns
poctep Unión Europea - FEDER

Diseñado por GaliciaDigital | Adm